Parella chilena que mestura con destreza e creatividade varias disciplinas circenses, teatrais e cómicas, cunha marca particular que sorprenderá.
Unha caixa misteriosa chea de sorpresas está a piques de explotar, liberando a dous personaxes particulares que van aproveitar esta oportunidade para sorprender ao público e facer que forme parte das situacións máis loucas e divertidas.