Tempo de creación

Mércores, 28 Xuño 2023 10:30
Do 28 de xuño ao 1 de xullo | Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Imparte: Cambaleo Teatro | Teatro del Norte | Atalaya
  • Tipo: Obradoiro
  • Destinado a: Todos os públicos

Cambaleo Teatro de Madrid, Teatro del Norte de Asturias e Atalaya de Andalucía, tres compañías míticas que, nas últimas décadas, contribuíron dun xeito extraordinario á configuración do mellor teatro contemporáneo español, son as protagonistas deste excepcional obradoiro, neste particular tempo de creación. 

O ACTOR E O TEMPO NO ESPAZO

MÉRCORES 28. De 10:30 a 14:30. SÁBADO 1 XULLO De 10:00 a 11:00H

Cambaleo Teatro, creada en 1982, basea a súa aposta artística e creación escénica na contemporaneidade, nas grandes ideas das vangardas teatrais do século XX e nos avances da ciencia. O método científico como xeito de estar e interpelar o mundo que nos rodea. Unha bagaxe coa que acadou unha linguaxe propia dende a que mirar e interpretar a realidade. Participou en diversos festivais e os seus espectáculos viaxaron a Francia, Portugal, Alemaña, Polonia, Venezuela, Bolivia, Nicaragua e México.

Antonio Sarrió. Actor, director, autor, produtor, pedagogo e xestor teatral. Membro de Cambaleo dende 1982. Actor en máis de 45 espectáculos da compañía e de Micomicón, Teatro de Malta, Al Suroeste Producciones, Producciones Ñ, Karlik Danza Teatro, La Bicicleta e Blumenart (Polonia). Xestor durante 26 anos da sala “La Nave” de Cambaleo. Coordinou todos os proxectos pedagóxicos da compañía e é pedagogo nos “Encuentros Internacionales de Teatro en el Norte”.

PARTE I. Técnica: Construción do personaxe: Estrutura física. Xeito de moverse e  movemento cotiá. Partituras de movemento. Control do espazo. Traballo vocal. O texto.
Integrar o texto na estrutura física.

PARTE II. Práctica: Elaboración de pequenas escenas propostas polo docente, polo alumnado e derivadas do traballo técnico realizado.

DO TEXTO AO ESPECTÁCULO: O ACTOR CREATIVO

XOVES, 29 XUÑO. De 10:30 a 13:30.  SÁBADO 1 XULLO De 11:00 a 12:00H

Teatro del Norte creouse en 1985 como un lugar de encontro, investigación e de busca arredor do feito teatral. Un espazo de experimentación, reflexión e confrontación con outras formas artísticas e aprendizaxe da práctica escénica. 

Etelvino Vázquez. Director, actor e pedagogo. O seus espectáculos representáronse en España, Portugal, Holanda, Francia, Italia, Montenegro, Rumanía, Moldavia, Exipto, USA, Brasil, Arxentina, Uruguai, El Salvador e México. Recibiu diversos premios tanto pola súa traxectoria como pola dirección dos seus espectáculos.

Traballarase con “Bodas de Sangre” de Lorca, e o último día, as actrices e os actores van presentar un pequeno espectáculo, creado a partir do traballo feito co texto de Lorca.

O ACTOR CREATIVO E EFICAZ

VENRES, 30 XUÑO. De 11:00 a 14:00H

Atalaya, creada en 1983, é unha das compañías máis prestixiosa e referente do teatro de investigación. O seu común denominador é o teatro poético, no que a enerxía, o poder da imaxe, a voz -a través do canto ou da palabra-, as atmosferas que xeran un nivel de emoción no público, independentemente da procedencia cultural, estrato social ou idade. Atalaya, representou os seus espectáculos no Santuario de Apolo en Delfos, nos teatros de Melbourne, Londres, Laponia, Saraxevo, O Cairo ou Pequín. Premio Nacional de Teatro 2008.

Silvia Garzón. Actriz da compañía dende hai 20 anos. É parte do equipo pedagóxico do Laboratorio TNT dende 2009. Coordinadora do programa de Teatro en El Vacie, con mulleres, nenas, nenos e adolescentes do poboado de chabolas. Actualmente xira con diversos espectáculos de Atalaya. Premiada pola súa interpretación en “Elektra.25” e “El Avaro de Molière”. 

DESCRICIÓN DO EVENTO. Gustaríache aprender a ser unha actriz ou actor creativo e á vez eficaz no teu traballo? Dende a idea inicial do personaxe ou do texto ata a posta en escena, hai certos pasos que se poden experimentar de maneira creativa e ao mesmo tempo, organizada. Neste obradoiro pasaremos pola creación de partituras de accións, busca de enerxía e ritmo, esquema do personaxe e voz, manexo do espazo e recursos da linguaxe corporal do personaxe.

SABADO 1 DE XULLO, 12:30H EXHIBICIÓN TEATRAL DO ALUMNADO ABERTA AO PÚBLICO

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.