Tolo

Domingo, 02 Xullo 2023 22:30
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela
  • Compañía: Cinema Sticado e Tíyatro Eksen
  • Procedencia: Galicia | Turquía
  • Dirección: Kubilay Erdelikara
  • Autoría: Nicolái Gogol
  • Destinado a: Público adulto
  • Presentación: 2022
  • Duración: 60'

A Compañía

Colectivo galego formado por Xosel Díez (Artista audiovisual e Enxeñeiro) e Helena Varela (Actriz, distribuidora e productora). Dende o ano 2015 emprenden un camiño de investigación arredor das artes visuais e teatrais. O colectivo combina tecnoloxía punteira cun acabado artesanal propio onde os obxectos, títeres e formas animadas cobran vida a través dun dispositivo escénico e humano que marca súa maneira de facer. Tolo, o cuarto espectáculo da compañía, é unha coprodución de Cinema Sticado e Tíyatro Eksen co Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe (Estambul).

Sinopse

Un funcionario de última fila do goberno ucraniano, Aksenti Ivanovich Poprishchin, vive o seu día a día entre a rutina do seu insignificante traballo e os seu desexos de querer máis, ata rematar crendo ser o Rei de España. Frustracións que derivan en alucinacións. Prepárate para presenciar o seu escorregamento gradual cara a loucura.

Ficha artística

  • Produción: CINEMA STICADO & TİYATRO EKSEN
  • Co-Producido: Centro Dramático Galego e Teatro Municipal de Maltepe
  • Texto orixinal: Nicolái Gogol Adaptado
  • Dirixido por: Kubilay Erdelikara
  • En escena: Kubilay Erdelikara, Xosel Díez, Helena Varela
  • Deseño escénico: Urco Barrios
  • Deseño técnico: Xosel Díez
  • Deseño de iluminación: Nola Rivera
  • Creación sonora: Xosé Lois Romero
  • Técnico de iluminación: Nico Zamorano
  • Cabezas de híbridos e figuríns: Xabi Varela
  • Vestiario: Ana Grande
  • Fotografía: Rosa Neutro

Destaques

2022: Premio especial do xurado no Festival Internacional de Maltepe (Estambul).

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.