Viúvas de Vivo

Martes, 04 Xullo 2023 20:00
Capela do Hospital | 4-8 de Xullo
  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Rosa Neutro
  • Tipo: Exposición
  • Destinado a: Todos os públicos
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Duración: 4-8 Xullo

Rosa Neutro (Cangas, 1979)

Artista que indaga en cuestións que teñen que ver coa construción da identidade, os clichés femininos e as relacións e contradicións da muller-artista-nai e as súas dificultades para definirse y ter unha presenza significativa no mundo. A través da memoria, de diversas fontes literarias e da súa propia autobiografía investiga as influencias que os nosos referentes exercen na nosa configuración como suxeitos e realiza un exercicio de deconstrución do aprendido e herdado.

Viúvas de vivo eran as mulleres dos emigrantes galegos que partían da Galiza á procura de prosperidade e que botaron sobre si toda a responsabilidade da conservación do patrimonio familiar trala ausencia –en vida– do marido. Tomando esta figura tan arraigada na nosa cultura, xorde esta exposición inspirada no libro “Belgravia” de Karen Knorr (Editorial CEF, 2000). Rosa Neutro fai unha relectura desta publicación reforzando a ambigüidade e a ironía xa presentes nestas páxinas para alumear novos significados a través dunha linguaxe moi persoal –entre textos e imaxes– nas que mestura material alleo e propio nunha sorte de fotomontaxe visual moi sutil, con humor e referencias á arte. Esta serie da continuidade ao proxecto CABODANO. II ANDAINA, unha proposta da editorial CEF (Centro de Estudos Fotográficos, 1985-2016) que invita a creadores/as de Galiza a traballar sobre o seu fondo editorial e propoñer unha nova lectura/reinterpretación a través da memoria e da arte.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.