Pepa Plana, actriz e pallasa catalá, é un referente nacional no xénero, pola calidade dos seus espectáculos e pola súa contribución na visualización das pallasas, destacando como unha das figuras europeas. Fundou a súa compañía en 1998 cunha clara intención de facer teatro de pallasos para público adulto. Despois de 12 espectáculos, 6 deles en cartel, xera gran expectación con cada novo proxecto. Premio Nacional de Cultura 2014.
A partir dos chamados "números clásicos", xa vai sendo hora que alguén lle poña a versión en feminino. ¿Como cambian e que significado collen cando se xogan desde dúas pallasas en vez de dous pallasos? Pepa Plana e Clara del Ruste preséntannos en "Voces que no ves" unha historia que en si mesma comporta dentro de seu unhas cantas pequenas historias máis, é dicir, as "situacións" que deveñen quizáis os momentos máis importantes deste traxecto cómico e poético. Temos ante nós a dúas heroínas do século XXI intentando sobrevivir ás situacións, clásicas ou non, que a súa condición de pallasas lles ofrece.
Premio Butaca 2020 ao espectáculo “Veus que no veus”.