Taquilla

VENDA DE LOCALIDADES
  • REALIZARASE A TRAVÉS DA PAXINA WEB DA MITCFC 
  • www.mostrateatrocangas.gal  (TAQUILLA).
  • (Sen gastos de xestión para o público).
  • Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos nin comisións), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio.
  • Desaconséllase a compra de localidades no Despacho de Billetes do Auditorio, a venda no propio auditorio realizarase cumprindo a normativa en seguridade e distanciasocial vixente na data da función.
VENDA DE ABONOS
  • www.mostrateatrocangas.gal  (TAQUILLA)
  • DO 22 DE MAIO AO 10 DE XUÑO. 
  • PREZO DO ABONO: 70€.
  • A adquisición do abono conta coas seguintes vantaxes: 
  • Entradas para 10 espectáculos programados na Sala – Teatro do Auditorio e no Polideportivo de Romarigo.  
  • Desconto de 10€ sobre o importe da suma das 10 entradas. 
  • Non están incluídos no abono os demais espectáculos.
  • Garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os espectáculos incluídos no abono. 
  • Permite elixir as butacas mellor situadas, a persoa beneficiaria do abono disporá da mesma butaca durante toda a MITCFC. Agás o espectáculo PAXAROS NO CABO de PISTACATRO, 1 de xullo (Entrada sen numerar no Pavillón de Romarigo).
VENDA ANTICIPADA
VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO AUDITORIO
  • Dúas horas antes do comezo da función. 

Aviso: Póñense a venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.

PREZOS DAS ENTRADAS
  • Os espectáculos programados no AUDITORIO e POLIDEPORTIVO DE ROMARIGO terán un prezo de 8€, agás os espectáculos: ENTRE FUSCO E LUSCO  da ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS (27 de xuño) e VI TORNEO DE DRAMATURXIA (5 de xullo), que terán un prezo de 5€.
  • O espectáculo HISTRIÓNICA de Mónica Sueiro (2 de xullo), programado na SALA DE EXPOSICIÓN do Auditorio, terá un prezo de 5€.
A  ADQUISICIÓN DE ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS SEGUINTES
  1. A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto das persoas que presenten unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
  2. Non se admiten cambios ou devolucións.
  3. Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
  4. Resérvase o dereito de admisión.
  5. Quedan reservados os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo as persoas do público introducir cámaras fotográficas, vídeo ou gravadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización da organización.
  6. Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.

  •  “O publico da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOS  de xestión pola compra anticipada de localidades”.
  • Colabore coa MITCFC mercando a súa entrada anticipadamente!
  • A MITCFC seguirá os protocolos de actuación e as directrices que marquen as autoridades sanitarias competentes.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.