• Inicio

Prazo de inscrición para o obradoiro impartido por Teatro en Vilo

  • Clara Castilla

O luns 20 de maio, ás 10 horas da mañá, ábrese o prazo de inscripción para asistir ao obradoiro 'A dramaturxia actoral e os procesos de creación colectiva', que se levará a cabo entre os días 3 e 5 de xullo, ambos incluídos, na Casa de Cultura de Cangas. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10 a 15 horas, será impartido por Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez, directoras e fundadoras de Teatro en Vilo, compañía internacional de teatro afincada en Madrid, fundada en Londres en 2012. O prazo remata o luns 24 de xuño.

Só 18 persoas poderán asistir a este obradoiro, que ten un custe de 60€. A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición. Para facer efectiva a inscrición é imprescindible enviar o formulario de inscrición, debidamente cuberto, ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

A lista das persoas seleccionadas publicarase a partir das 13.00 h do luns 24 de xuño. Publicarase, tamén, a lista por orde de inscrición de todas as persoas aspirantes ás prazas. A reserva da praza formalizarase mediante o ingreso do importe do taller entre o luns 24 de xuño e o venres 28 de xuño, ambos incluídos, sendo imprescindible enviar copia do pago da matrícula ao correo electrónico da MITCFC : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

Este taller, dirixido a actores e actrices, directores/as, dramaturgos/as, é unha oportunidade para achegarse a procesos de creación colectiva onde o actor ou a actriz ten un rol fundamental, pois el/a é quen de xerar e organizar o material escénico traballando desde a súa individualidade, referentes e visión do mundo. Tamén é unha oportunidade para que directores/as e dramaturgos/as desenvolvan ferramentas para provocar e organizar os distintos imaxinarios e propostas dos actores/creadores, ao tempo que envorcan as súas propias ideas no proceso de creación.

No obradoiro de Teatro del Vilo porase a disposición dos participantes unha ampla gama de recursos físicos, coreográficos, dramatúrxicos e de improvisación. Este material contribuirá a desenvolver o potencial creador de cada participante e articular unha visión artística e unha linguaxe escénica propia nun contexto único de colaboración e encontro con outros creadores. Ademais, afondarase na importancia do corpo e o movemento como manancial da imaxinación do actor/actriz, creador/ora e aprenderemos a ordenar a información no espazo e no texto nun ambiente de xogo, liberdade e colaboración.

Noemi Rodríguez e Andrea Jiménez tamén se subirán ao escenario do Auditorio de Cangas nesta 36 edición. Será o sábado 6 de xullo, ás 22.30 horas, para interpretar a obra 'Generación Why'. Teatro del Vilo xa actuara na Mostra coa obra Interrupted, que gañou o Premio do Público Mellor Espectáculo da XXXIII MITCFC.

FORMA DE PAGO

As persoas seleccionadas deberán abonar o importe do obradoiro por medio de transferencia bancaria á ASOCIACIÓN CULTURAL XIRIA, ao número de conta que se lle notificará, indicando no concepto o nome da persoa admitida e a referencia OBRADOIROS MITCFC, sendo imprescindible enviar unha copia do ingreso da matrícula a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

Teatro en Vilo persegue un constante diálogo coa súa contorna social, política e persoal, o que lle obriga a renovar constantemente a súa linguaxe escénica. Os seus espectáculos, performances, eventos e talleres procuran situarse na delgada liña que separa o teatro da vida e a ficción da realidade. Combinando o improvisado e o coreográfico, o grotesco e o autobiográfico, o humor absurdo e a comedia xestual, a tenrura e a irreverencia, Teatro en Vilo lanzouse á apaixonante aventura de intentar desentrañar o tempo en que vivimos.

Na súa vontade de levar o teatro fóra dos escenarios, a compañía desenvolveu nos últimos anos unha batería de talleres e cursos que xogan un papel fundamental na súa traxectoria, pois serven como lugar de exploración de novas linguaxes e como outro xeito de entender o proceso e finalidade do traballo da compañía.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.