• Inicio

Os festivais de artes escénicas reclaman medidas especiais ante a crise

  • Clara Castilla

A Asociación de Festivais das Artes Escénicas de Galicia (Afearte) acordaron facerlle chegar ás administracións unha serie de medidas que consideran de especial relevancia para estes tempos complexos e incertos que estamos a vivir con motivo da crise sanitaria da COVID-19.

"Solicitamos coordinación e consenso entre as Administracións públicas e estar á altura das necesidades neste momento", sinalan. No mesmo documento solicitan a todas as administracións, dende o ámbito local ao autonómico, que "no exercicio das súas competencias, cando sexa posible retomar as actividades culturais, faciliten tanto ao público como á organización dos festivais os recursos, a seguridade, a flexibilidade burocrática e o estímulo para poder tender a certa normalización". Afearte considera que os festivais "serán un ben moi construtivo e desexado para a sociedade e a economía despois desta crise, como motor de reactivación". Por tido iso, solicitan que as institucións poidan basearse, como medida a tomar como referencia, nas cuantías e organización destes últimos anos.

A asociación pide transparencia e ecuanimidade aos departamentos de Cultura da Xunta de Galicia, "pregamos un mellor trato inclusivo e de representatividade nas reunións que se poidan levar a cabo para xestionar esta crise e dilixencia nos trámites".

Por todo isto, e ante a ausencia de evidencias para o futuro, emiten unha serie de recomendacións "que poden guiar o rumbo das políticas culturais con respecto aos festivais escénicos". Estas medidas son:

-Manter os orzamentos destinados aos festivais e no caso de non poder levarse a cabo en 2020, incrementar en 2021 o orzamento para estas actividades estratéxicas e de estímulo diverso.

-Adaptar tecnicamente e flexibilizar a convocatoria de axudas a festivais escénicos ás circunstancias sobrevidas por esta crise sanitaria e ser dilixentes na tramitación.

-Ampliar o prazo de execución das axudas máis alá do exercicio económico de 2020 para ter en conta posibles aprazamentos ou modificacións do plan de actividades.

-Axudar ou prover do marco sanitario, persoal e material, para poder desenvolver os protocolos de limpeza e sanidade necesarios para o seguro desenvolvemento da actividade mentres sexa necesario.

 

Este comunicado é froito dunha reunión telemática o pasado 27 de abril. Afearte está integrado polos seguintes festivais:

  • MITEU Ourense
  • FIT Redondela
  • Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
  • Corpo (a) terra
  • MIT Ribadavia
  • Festaclown
  • Mostra de Teatro Galego de Cariño
  • Fetega Carballiño
  • Galicreques
  • FITO Ourense
  • FIOT Carballo
  • MOTI
  • Festival Núbebes
  • Manicómicos

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.