• Inicio

'El Rey', lección de teatro, historia e humor

  • Clara Castilla

Cun cheo ata a bandeira. Así foron recibidos os actores da obra 'El Rey' no Auditorio de Cangas. Luís Bermejo, Guillermo Toledo e Javier Gutiérrez deron unha lección de historia contemporánea, de humor e de interpretación. E o público soubo agredecerllo regalándolles unha pechada ovación de varios minutos e o a xente en pé. Grazas a Teatro del Barrio por demostrarnos que tamén se poden contar cousas serias arrincándonos grandes gargalladas. 

 

El Rey é unha ficción cun personaxe central que se chama Juan Carlos I. Un home que, no epílogo da súa vida, cae da cima ao soto, polo menos, simbólicamente. Un home que, ao parecer, xa non serve. Aínda que serviu moito. Pero, para qué? para quen?

Que papel xogou a monarquía en España nos últimos corenta anos? A que fins serviu? Cales son os obxectivos da monarquía española para as próximas décadas.

A vontade coa que abriu Teatro del Barrio é abertamente política: participar no movemento cidadá que xa está a construir outro xeito de convivir. Este teatro nace da fame de realidade. A realidade ten sempre algo marabilloso: por terrible que sexa, pódese transformar. Cando se coñece. E esta é a vocación do proxecto: saber que está a pasar aquí, porqué non nos gusta e porqué o queremos cambiar. Este teatro pretende ser unha asemblea permanente onde mirar xuntos o mundo para, xuntos, imaxinar outro onde a boa vida sexa posible.

 

 

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.