Adeus ao Alcalde do Teatro
Non nos xorden as palabras, non temos voz, afónicas de dor, de impotencia, de ausencia... O teatro do Morrazo, de Cangas, o teatro galego, esta Mostra ten crebado o sorriso, triste aceno debuxado no rostro, como no lenzo de Munch lanzamos un berro seco, xordo, mudo, un berro que implosiona en cada un dos nosos corazóns.