Kiko Cadaval: "É raro traballar para público mascarado"
Quico Cadaval é sinónimo de teatro. De humor. De traballo a prol da cultura. Por isto, e por moitas cousas máis, este director, actor e narrador galego recibe o Premio Xiria ao Labora Teatral desta XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MIITCFC). A organización da Mostra destaca "a súa inesgotable creatividade, da que destaca a súa arte, única e xenial, na narración oral, capaz de conxugar o imaxinario colectivo galego co universal, cun dominio asombroso da lingua, tanto popular, culta como musical, transmitindo valores, cultura, espazos, historias e Historia, cunha narrativa, cuasi shakespeariana."