Demo

PYKA

  • Compañía: Cinema Sticado
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Xosel Díez
  • Autoría: Xosel Díez & Julio Fer
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2020
  • Duración: 90'

A Compañía

Cinema Sticado é unha compañía galega que dende os seus inicios combina o cine en vivo co teatro visual e de obxectos. Os seus espectáculos, cargados dunha poética moi persoal, poñen sobre o tapete xogos de adultos a través de maquetas, sombras, obxectos e monicreques que falan e cuestionan o mundo.

Sinopse

PYKA é a historia e o remake dunha película. O punto de partida é un relato familiar de Helena Varela que sitúa a súa avoa Gelines como única testemuña dunha película perdida do director de cine Einseistein, en colaboración con Olga Lebédev, e da cal só queda un documento sonoro e o seu título: PYKA

Ficha artística

  • Dirección: Xosel Díez & Helena Varela
  • Dramaturxia: Xosel Díez & Julio Fer
  • Escenografía: Xosel Díez
  • Títeres: Xabi Varela
  • Música orixinal: Brais González
  • Iluminación: Julio Fer & Xosel Díez
  • Vestiario: Helena Varela
  • Manipuladores: Helena Varela & Xosel Díez
  • Piano: Brais González
  • Piano: Blas Castañer
  • Violín: Raquel Fernández

Destaques

  • En 2017 o colectivo recibe o premio “Innovative approach to puppetry animation” no Festival Animart - III International Animation Art Festival (Łódź-Polonia), polo seu primeiro espectáculo STRPTS// episodio 1:Mirlo& Rula.
  • En 2019 foron seleccionados co segundo espectáculo STRPTS// Fin de Tempada polo Circuito de Creación escénica contemporánea para público adulto e familiar da Rede de Teatros Alternativos.
  • PYKA, o corazón na eclipe é o terceiro espectáculo de Cinema Sticado.