Commedia
- Compañía: Contraproducións
- Procedencia: Galicia
- Dirección: Cándido Pazó
- Autoría: Cándido Pazó
- Destinado a: Público adulto
- Presentación: 2018
- Duración: 90'
A Compañía
Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.
Cunha vocación teatral de signo aberto, intención crítica e relación fresca e directa co público.
Sinopse
Arlecchino atopa unha carta de amor no mandil da súa muller que cre dirixida a ela e que o engana. Desesperado, quere matarse pero unha voz misteriosa o detén e lle dá un anel máxico que fai perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo, o primeiro, as convencións sociais.
Ficha artística
- Dramaturxia e traballo textual: Cándido Pazó
- Actores e Actrices: Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi, Sergio Zearreta
- Escenografía e Vestiario: Suso Montero
- Iluminación: Afonso Castro
- Dirección Musical: Fernando Reyes
- Axudante de Produción: Lilian Portela
- Xefa de Produción: Belén Pichel
- Dirección: Cándido Pazó
Destaques
- Premio María Casares 2018 ao Mellor Espectáculo, Mellor Vestiario, Mellor Actor Secundario (Marcos Orsi).