Dolce Salato
- Compañía: Circo Carpa Diem
- Procedencia: Italia
- Dirección: Circo Carpa Diem
- Autoría: Circo Carpa Diem
- Destinado a: Público familiar
- Estrea: Estrea en Galicia
- Presentación: 2017
- Duración: 40'
A Compañía
Luca e Ina coñecéronse nun proxecto de circo social en Quenia. Comparten a paixón polo circo e a súa pedagoxía. Formáronse xuntos na Escola Circo "Carampa" de Madrid e na Escola de Circo “Flic” de Italia, especializándose en portes acrobáticos, mástro chinés e monociclo.
Sinopse
Unha parella de panadeiros, un libro de receitas e diverxencias na cociña.
O seu enérxico ritmo vainos levar a un ambiente familiar e pouco usual, onde os ingredientes, coidadosamente seleccionados e amasados de forma excéntrica, crearán un pan suculento.
Buon appetito!
Ficha artística
- Interpretes: Luca Sartor e Katharina Grüner.
- Autoría e Dirección: Luca Sartor e Katharina Grüner.