Hell Brothers
- Compañía: Cirkompacto. Coproduce MITCFC
- Procedencia: Galicia
- Dirección: Walter Velázquez
- Autoría: Walter Velázquez e Cirkompacto
- Destinado a: Público xuvenil
- Estrea: Estrea absoluta
- Presentación: 2020
- Duración: 45'
A Compañía
Cirkompacto é a unión creativa de Iván Casanova e Malala Ricoy. Unha compañía de recente creación que, nacida baixo a premisa da importancia que o circo e as artes escénicas poden ter e tiveron na educación social, pretende cargar con contido todos os seus espectáculos.
Sinopse
Rejhuz e Glakghs Setén son fillos de Satanás. Seu pai decide botalos do inferno para que aprendan a gañar o mal por si mesmos. Rejhuz, o maior, é un ególatra que chega á terra disposto a dominar a humanidade pero... que van atopar? Son estes dous pobres diaños tan malos como presumen?
Ficha artística
- Dirección: Walter Velázquez
- Elenco: Iván Casanova e Malala Ricoy
- Escenografía: Iván Casanova
- Vestiario: Anahí Taraburelli
- Mirada Externa Slapstick: Jorge Méndez