Demo

As Boas Actrices

  • Compañía: 3. Coproduce MITCFC
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Clara Gayo
  • Autoría: Clara Gayo
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2020
  • Duración: 50'

A Compañía

"3" é o nome elixido para concentrar a comunicación artística entre unha Dramaturga, Clara Gayo, e dúas actrices, Mónica Camaño e Arantza Villar. Unha plataforma de suporte para realizar experiencias dramatúrxicas con concreción actoral, levar a escrita teatral ao pé do escenario.

Sinopse

"As Boas Actrices" é unha experiencia dramatúrxica ao límite entre a lectura a improvisación e a interpretación.  As intérpretes non saben se son meros instrumentos ao servizo do discurso da autora ou se están sendo vítimas dunha “improvisación sincronizada".

Ficha artística

  • Dirección e Dramaturxia: Clara Gayo
  • Interpretación: Mónica Camaño e Arantza Villar
  • Produción: Zé Paredes