Demo

Reinventar a tradición

  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Paula Carballeira
  • Tipo: Obradoiro
  • Duración: 5h/xornada
  • Inscrición: Descargar formulario

A estrutura e a simboloxía dos contos tradicionais poden converterse en boas aliadas das persoas que se adican á narración oral no século XXI, unha época onde se mira máis cara ao futuro que cara ao pasado. Pero como o tempo da ficción non responde aos mesmos parámetros que o tempo prisioneiro nos reloxos, descubramos cal é a tradición que reinventamos cando contamos historias, de onde vimos como narradoras, como narradores.

Paula Carballeira

Con máis de 25 anos de experiencia profesional no teatro e na narración oral, foi convidada aos festivais e encontros internacionais máis importantes neste eido. Ademais, desde hai anos leva adiante un dos seminarios de formación en narración oral que organiza o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo e formou parte nun par de ocasións do profesorado da Escola de Verán da AEDA ( Asociación Española de profesionais da narración oral). É actriz e directora, tanto na compañía de teatro Berrobambán como noutras compañías en colaboracións puntuais, así como en distintos espazos e series de ficción da Televisión de Galicia. Como autora de literatura, leva máis de trinta libros publicados de narrativa, poesía e teatro, a maior parte, de literatura infantil e xuvenil.