Demo

Pregón inaugural por Paula Carballeira

  • Procedencia: Galicia
  • Tipo: Pregón

Paula Carballeira Cabana

(Maniños- Fene, 1972)

Adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais ( Portugal, Brasil, Chile, Ecuador, Perú, Colombia,Cabo Verde, Arxentina, Costa Rica, México...). Participou en diversos programas da TVG (“Viradeira”,“O clan dos impostores” , “Libro de familia” ,“Apaga a luz”, “A noite en branco”, “Pequeno Hotel”, “O rei da comedia”, “Rías Baixas”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas”, “Pepe o inglés” ) e ten colaborado en diferentes programas da Radio Galega (“Xamón,xamón”, “A taberna da galega”). Membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996, coa que coordinou a programación infantil ASTEROIDE B-612 que se desenvolveu na Sala Nasa de Santiago de Compostela e no Concello de Ferrol.  Ademais dun traballo continuado en Berrobambán, traballa como actriz ou directora en propostas ocasionais doutras compañías. Por exemplo, dirixiu os espectáculos de Talía Teatro "Mundos contados", “Pequena” e “Rosa Caramelo e outras historias”; dirixiu e interpretou a proposta do Centro Dramático Galego para público infantil: “A cabana de Babaiagá” (estreada en marzo do 2006), e participou como actriz no espectáculo "Desde a sombra/Bufóns e Pallasos" da compañía Magrinyana. 

Ademais, é autora de máis de trinta libros publicados e traducidos a diferentes idiomas: castelán, inglés, portugués, alemán, coreano, italiano, éuscaro, catalán..., algúns deles premiados: Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en tres ocasións coas pezas: Boas Noites (obra finalista na categoría de teatro dos Premios da AELGA e nominada na categoría de Mellor Texto Orixinal nos María Casares), O Refugallo (obra finalista na categoría de teatro dos Premios da AELGA) e Somos os monstros (obra seleccionada pola revista CLIJ-Cuadernos de Literatura Infantil como un dos mellores libros publicados no 2019); Premio da Gala do Libro Galego na categoría infantil con A tartaruga Amodovou; Premio Frei Martín Sarmiento con A burra Ramona, Finalista Premio ASSITEJ de Textos Teatrales con Misterios; Premio Isaac Díaz Pardo e inclusión na Lista Internacional White Ravens con Smara; Premio Lecturas con Paco e Correo urxente, entre outros recoñecementos.