Demo

Tempo ao tempo

  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Mónica Camaño
  • Tipo: Obradoiro
  • Destinado a: Asociadas de ADICAM
  • Duración: 4h

Cantas non sentimos nalgún momento que o mundo, o tempo, ficaba parado? Ficabamos nós varadas, aboiadas…  porque o tempo corría alén do propio respirar facendo máis evidente a nosa quebra vital.

Agora que o mundo todo ficou varado,  vimos como a vida ía e o tempo andaba con outro tempo. Mesmo  parecera  que a corda para termalo estaba da man de todas.

Por iso temos azos para xogar o tempo. E como  xa sabemos que tempo  temos, imos levalo a favor:  habemos de falalo, bailalo e cantalo. Donas do tempo non seremos, pero imos gozalo. Tempo ao tempo! 

Mónica Camaño 

Licenciada en Filoloxía Galego-portuguesa na USC, nese tempo comeza a traballar como actriz  profesional en diversas compañías de teatro, así como en cine e TV, recibindo no 2008 o Premio María Casares á mellor interpretación secundaria por Emigrados de Teatro de Ningures,  no 2013 o Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva, e no 2017 o Xoglar de Outono do FIOT de Carballo.

Ao tempo, desenvolve obradoiros de expresión dramática con crianzas e adultos, así como a dirección con grupos amadores de teatro.