II encontro teatro e educación
- Duración: 2h 30'
É evidente, mesmo que as autoridades educativas non o consideren nos seus plans de estudos, que o Teatro é unhas das ferramentas máis axeitadas para o desenvolvemento integral das persoas. A través da Dramatización e da práctica teatral ou parateatral o alumnado adquire hábitos de crecemento persoal e de socialización que inflúen positivamente en alicerzar a súa personalidade e a súa evolución presente e futura. Por iso, desde a MITCF, queremos insistir e afondar nas reflexións sobre Teatro e Educación, neste caso na Educación infantil e primaria, organizando este segundo encontro.
O TEATRO COMO FERRAMENTA PEDAGÓXICA NA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
- Mirian Fernández Méndez: Mestra de educación infantil.
- Carmen Suárez: Mestra de educación primaria.
- Marisa Núñez: Mestra de educación infantil, escritora de literatura infantil.
- Silvia Costas: Mestra de educación infantil.
- José Alfaro: Mestre de psicomotricidade infantil.
- Xosé Manuel González “Oli”: Mestre de educación primaria. Escritor.
Modera:
- Rosa E. Gantes: Mestra de educación infantil e primaria. Actriz.