A nova realidade
- Tipo: Encontro teatro
O Teatro, viviu e vive en permanente crise que se vai repetindo ciclicamente: crise económica, crise creativa, crise de identidade… Pero foi precisamente desas crises cíclicas de onde sacou a enerxía para resistir, para transformarse, para evolucionar e avanzar ao longo da Historia.
Que dúbida cabe de que o Teatro é unha das manifestacións culturais que máis sofre e vai sufrir as consecuencias negativas desta crise actual que vai máis aló do sanitario e tamén do económico.
A esencia do Teatro, esa “proximidade” e contacto, mesmo que non sexa necesariamente físico, entre o público e os intérpretes viuse e vaise ver seriamente prexudicada polo clima de desconfianza xerado ao redor da pandemia do covid 19. Será preciso, por enésima vez, reinventarse?
De todo isto, de saídas para afrontar a crise económica e de propostas creativas cara ao presente e o futuro, imos falar nestas dúas mesas que a MITCF de Cangas programa nesta súa e atípica XXXVII Edición.
1.- Presente e futuro dunha profesión en permanente crise
- Ánxeles Cuña Bóveda, pedagoga, dramaturga, directora teatral e deputada no Parlamento de Galicia.
- Luma Gómez, actriz e directora.
- Belén Pichel, produtora.
- Pedro Fresneda, dramaturgo e codirector do Teatro Ensalle.
- Fran Núñez, director do CDG.
- Modera: Manuel Xestoso, crítico e escritor.
2.- Tempo de transformación?
- Marián Bañobre, actriz, directora.
- Eduardo R Cunha “Tatán”, titiriteiro, actor.
- Rut Balbís, creadora, intérprete e docente en artes do movemento
- Cándido Pazó, dramaturgo, director e actor.
- Rocío González, actriz.
- Modera: Cristina Domínguez, directora, profesora de voz.