Fenda laboral das profesionais das artes escénicas e audiovisuais: antes e despois da pandemia
- Tipo: Charlas e coloquios
Nas XV Xornadas Mulleres en Acción-MITCFC celebramos un encontro no que participaron, Escena Galega, Academia Galega do Audiovisual, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Secretaría de Igualdade da Unión de Actores e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, no que propuxemos a elaboración dun estudo sociolóxico con perspectiva de xénero que permitise obter datos obxectivos da realidade sociolaboral das profesionais das artes escénicas e audiovisuais. Desde ese mesmo día traballamos man con man coa AGA, a AAAG e EG para idear un modelo de estudo que recollese dun xeito imparcial a realidade específica das profesionais do sector. O resultado deste traballo propuxémosllo á Secretaria Xeral de Igualdade que aceptou o reto. O informe foi realizado coa nosa colaboración e publicouse no outono de 2019 polo Consello da Cultura Galega.
Esta mesa de traballo centrarase en estudar medidas que axuden a cambiar a inxusta realidade que viven as profesionais do sector, agravada seriamente pola pandemia da Covid 19.
Interveñen:
- Dª Belén Pichél. Produtora. Escena Galega.
- Dª Tamara Canosa, actriz e directora.
- Dª Laura Míguez. Actriz. Comisión Igualdade Asociación de Actrices Actores e de Galicia.
- Dª Eva Fórneas. Actriz. Comisión Igualdade Asociación Actrices e Actores de Galicia
- Dª Saamira Ganay. Actriz. Membra da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual.
- Dª Berta Ojea. Actriz. Secretaria Igualdade Unión Actrices e Actores. Membra do Consello Estatal das Artes Escénicas e da Música e do Consello Artístico de Teatro do INAEM. Colaboradora de UN Woman. Responsable da ponencia de igualdade do Estatuto dos Artistas.
Modera:
- Dª María Armesto. Dramaturga. Directora Artística MITCFC e Mulleres en Acción.