Demo

Cómplices. A violencia machista institucional

  • Procedencia: Galicia
  • Autoría: Iria Vázquez Silva e Lola Ferreiro Díaz
  • Tipo: Presentación libro

Iria Vázquez Silva

Doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña e especialista en Estudos de Xénero pola Universitat Autònoma de Barcelona (2006) e pola Universidade de Vigo (2008). Investigadora no eido da socioloxía de xénero e das migracións. Profesora interina de socioloxía na Universidade de Vigo e integrante do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña. Coordinou con Laura Rodríguez Salgado, o libro Muller inmigrante, lingua e sociedade (2017)

Lola Ferreiro Díaz

Feminista desde a adolescencia. Médica desde uns anos máis tarde. Experta en Saúde e Xénero, atención a mulleres en situación de violencia machista e mulleres que traballan con outras mulleres. Membra do grupo T, de investigación e construción de teoría da Saúde Mental desde a perspectiva de Xénero.

Este traballo vén botar luz sobre un dos aspectos da(s) violencia(s) machista(s) menos estudado e tamén menos visíbel: a violencia que exerce o Estado a través das súas institucións sobre as mulleres que están en situación de violencia machista. Poucas publicacións coñecemos que aborden este tema de xeito directo. A autora explora varios eidos institucionais, cos que tivo contacto directo, e convida a outras autoras. Sheila Fernández Míguez (desde o eido xurídico), Olalla Villaronga Seoane (que achega unha perspectiva desde o eido rural), Lola Ferreiro Díaz (desde o ámbito sanitario) e Ana Martínez González e Fedra Alcaraz Ladrero (ambas as dúas traballadoras dunha asociación de parálise cerebral) a completar o panorama dunhas institucións que deberían acoller e defender as mulleres violentadas polo machismo. A través deste libro podemos aproximarnos ao labirinto polo que pasan as mulleres en situación de violencia, analizando as forzas de seguridade, o eido xudicial, os servizos sociais ou o eido sanitario. 

Presenta: María Armesto. 

Modera: Gaila Fernández Mariño