Demo

Mundo Escénico

  • Procedencia: Galicia
  • Imparte: Daniel Amós Rodríguez
  • Tipo: Presentación

Mundo Escénico é unha plataforma dixital aberta que nace co fin de modernizar, democratizar e impulsar o sector das artes escénicas en Galicia. Esta plataforma ofrece á comunidade ferramentas e servizos de valor engadido no eido do teatro, a música, a danza e o folclore. Os obxectivos desta iniciativa son:

  • Difundir información de grupos, compañías, bandas e dos seus espectáculos.
  • Conectar os diferentes axentes das artes escénicas para facilitar a procura de sinerxias.
  • Facilitar a programación aos xestores culturais fomentando a igualdade de oportunidades.
  • Ofertar servizos profesionais e formacións específicos das artes escénicas.
  • Recopilar información e recursos de interese no eido escénico.

Mundo escénico está dirixido principalmente a catro tipos de perfís de usuario: 

  • Os artistas, membros de grupos, compañías e bandas, que contan cun espazo específico e organizado onde divulgar o seu traballo e conectar co público e con outros artistas e profesionais.
  • Os xestores e técnicos culturais, que dispoñen dun directorio con tódolos grupos e espectáculos en carteleira con valoracións da comunidade para poder deseñar de forma máis efectiva as súas axendas.
  • Os profesionais do sector (directores/as, coreógrafos/as, escenógrafos/as, actores, actrices, bailaríns, técnicos/as, fotógrafos/as…), que teñen acceso a un canal específico para ofrecer os seus servizos vinculados as artes escénicas.
  • Os espectadores, que buscan unha axenda completa e actualizada de espectáculos con valoracións da comunidade e tamén seguir a actividade dos seus grupos favoritos.