Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

 

Aprendendo a crear con Ibuprofeno Teatro

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, de Ibuprofeno Teatro, imparten desde o luns ata o venres 6 de xullo o Obradoiro de Creación Escénica. A actividade que se desenvolve nas Naves de Ojea, pretende mostrar e reproducir a pequena escala o método de creación que a compañía de teatro foi investigando e desenvolvendo ao longo dos anos. Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, Marían Bañobre e Santiago Cortegoso xeran unha obra propia, non tanto para acadar un resultado óptimo, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de xerar contido escénico a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un/ha pode aportar.

'A leituga' e os conflitos familiares

Un reparto de excepción enriba do esceanario do Auditorio Municipal de Cangas. Xose Barato, Mercedes Castro, Antonio Duran “Morris”, Federico Pérez e María Vázquez son os actores e actrices que protagonizan a obra de teatro 'A Leituga', da compañía galega Eme2, dirixida por Víctor Duplá. 

Música, maxia e divertimento con 'Carillón'

'Carilló' é un espectáculo da compañía de espectáculos La Tal. Un espectáculo de música, maxia e, sobre todo, divertimento. Ding, dong, ding, dong... Soa a música do carillón, as engrenaxes comézanse mover... Tic-tac, tic-tac... É a hora! Cabaleiros e pallasos enchen o escenario, onde se mesturan pelexas e paixón. A maxia sae de dentro dun reloxo xigante inundando a vila de Cangas, mentres esperta a curiosidade do paseante. 

Un alegato sobre a vida 'Na butaca'

'Na butaca [Fantasía Nº3 en dor maior]' é un espectáculo diferente. Partindo da idea do vivir no presente dunha personaxe esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro-, a obra, da compañía ButacaZero, achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. Da man dela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente. 

O 'Paraíso perdido' da pallasa Pepa Plana

Durante aproximadamete hora e media, todos fomos nenos e nos deixamos engaiolar polo humor da pallasa Pepa Plana e o seu benfacer enriba do escenario. Pepa Plana, actriz e pallasa catalana, é un referente nacional no xénero pola calidade dos seus espectáculos e pola súa contribución á visualización das pallasas, destacando como unha das figuras europeas máis importantes. Fundou a súa compañía en 1998 cunha clara intención de facer teatro de pallasos para público adulto. 'Paraíso Pintado' é o seu novo espectáculo e, neste caso, traballa co dramaturgo e director Ferruccio Cainero. 

A historia nace nun cadro, cando unha das personaxes alí pintadas quere saír para cumprir o seu soño: voar e converterse nun ánxo da garda. Unha historia que, ademais de ser divertida, tamén nos vai conectar coa cara máis tráxica e, como fan os bos pallasos, vainos poñer un espello diante da cara para que nos vexamos reflectidos.