• Inicio
  • A Mostra
  • Actualidad
  • 'Kiosque à Mézigue': Un trío de clowns, acróbatas e músicos.

'Kiosque à Mézigue': Un trío de clowns, acróbatas e músicos.

Le Kiosque à Mézigue conquistou ao público que puido velo na 33 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Foi un espectáculo cheo de arte e orixinalidade que namorou a grandes e pequenos.

A obra, da compañía francesa Circ'Hulon, desenvólvese dentro dun kiosco. Nel podemos ver un trío de clowns, acróbatas, músicos que se amosan sen agochar as súas torpezas, as súas fráxiles certezas e os seus pequenos defectos. Tres personaxes saídos da gran tradición dos saltimbanquis que xogan con situacións rocambolescas, emocionantes, inesperadas e, ás veces, espectaculares. Un espectáculo cheo de xenialidade. Os tres intérpretes son Jacques Hulon, Antoine Hulon e Lucia Pennini.

O Circ'Hulon é unha compañía que comezou a súa andaina en 1981. Hai 35 anos que percorre as estradas do mundo actuando en grandes e pequenas cidades, buscando un encontro co público. Un circo de saltimbanquis no que a simplicidade respírase pola beleza da súa escenografía e a estética das proezas do seu circo musical.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: Noparan

 

 

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.