Danza na rúa para todos os públicos-REVOLTALLO EN PEDRA
Foi unha marabillosa noite de verán en Cangas. Ás 21 horas do luns 4 de xullo comezaba no Adro da Igrexa un dos espectáculos no que os protagonistas eran ‘os da casa’. Un espectáculo para nenos e maiores dentro do programa ‘Revoltallo en Pedra’.
A Escola De Danza Maite Quiñones Quiñones fixo onte as delicias do público cun espectáculo de danza na rúa que causou gran expectación. Ademais, tamén no adro da Igrexa, Margarita Outeiral Pérez presentou un grupo de danza oriental. Foi unha xornada chea de talento para todos os públicos.