Maxia cómica da man da pallasa Mandarina

Un espectáculo de maxia cómica para todos os públicos que fixo as delicias de nenos e maiores na Praza do Costal de Cangas. Laura Muñoz, ou a pallasa Mandarina, a pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Casimiro Chipirón. Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público.

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: noparan.com

Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis. Neste espectáculo, a través da maxia e a comicidade, abórdase o tema de afrontar a morte dos seres queridos, non de xeito traumático, senón como unha transformación.

Laura Muñoz, ou Mundo Mandarina, acadou premios coma o Premio do Público da Mostra de Pallasos de Xirivella, Mellor espectáculo de Sala e Premio do Xurado no Festival Farándula de Gran Canaria, Premio do Público do FAST de Torredembarra e Premio do Público en Festiclown en 2009 con "Un Ramón de Mandarinas" e 2015 con "Laboratorio Máxico". Actuou no teatro Llantiol e no teatro da Riereta de Barcelona, no Festival de Tárrega, Festival de Maxia de Santa Susana, Festas da Mercè, Festival de Damas Máxicas de Terrasa, no MagicClown de Ibiza Festival, ou na Caravane de Cirques de Toulouse.

 

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.