'Le voyage de noces', a loucura a bordo dun FIAT 500
Os Xardís do Sinal foron durante a Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas un lugar para a festa e o humor apto para todos os públicos. En medio dunha grande expectación, representouse durante a semana do festival representouse ´Le voyage de noces', unha comedia animada por unha parella atípica, un can torpe e un FIAT 500 moi caprichoso.
A historia, da compañía francesa 'Les bleus de travail', comeza cando Marcelo e Romana marchan de viaxe de voda pero casualmente sofren unha avaría no seu vehículo de paso por Cangas. Todos os seus plans van ser modificados nunha hora de loucura con dúas personaxes entrañables que non deixaron ao público indiferente.
REPORTAXE FOTOGRÁFICA: Noparan.com