As Fillas Bravas de Momán 2025
-
Viernes, 04 Julio, 22:00Auditorio Municipal
-
Compañía
Grupo Chévere -
Procedencia
Galicia -
Dirección
C/ Queimada 49, bajo -
Autoría
Chévere -
Público
Adulto -
Presentación
2014 -
Duración
70'
Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 35 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta escénica tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.
As protagonistas do Día das Letras Galegas 2025 son as cantareiras e a poesía popular oral! E as Fillas Bravas, que levan xa dez anos espallando por todo o país as voces das cantareiras e a poesía popular, queren contribuír á festa. Con tal motivo, andan argallando algúns cambios para actualizar o seu recital, incorporando algunhas danzas que elas aprenderon de novas. E alá polo mes de maio xa o terán todo ben preparadiño para lanzarse de novo aos escenarios. Ademais, a editorial Kalandraka publicará nesa altura un libro co texto de As Fillas Bravas de Momán, dentro da súa Biblioteca de Teatro. O espectáculo está adaptado á lingua de signos e conta con dúas intérpretes en escena para convidar a toda a comunidade xorda a gozar da festa.
- En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar
- Idea e creación: Chévere
- Dramaturxia e dirección: Xron
- Comunicación: Xana García
- Adestramento musical: Inés Portela
- Caracterización, maquillaxe: Fanny Bell
- Produción executiva: Patricia de Lorenzo
- Adaptación a LSE: Chusa Pérez de Vallejo, Bea Noya García
- Intérpretes LSE: Chusa Pérez de Vallejo, Gema Santos Custodio
- Adestramento baile: Carme Giráldez
- Fotografía: Leticia T. Blanco