Presentación La Fosa Abierta
-
Viernes, 03 Julio, 19:30O Adro Taberna Cultural
-
Con
Brigitte Vasallo -
Procedencia
Barcelona -
Público
Todos -
Duración
30'
Brigitte Vasallo impugna dous silencios: o da historia familiar, imposto pola violencia de xénero, e o da historia política, imposto pola ditadura e a Transición. Unha memoria sen monumento que arrinca na serra de Chandrexa de Queixa e expándese cara ás marxes da historia oficial. O seu eixo é o desmantelamento do campo precapitalista no sur de Europa coa chegada dos milagres económicos e a identidade das mutantes descendentes daquela diáspora, orfas de sentido. A autora busca unha linguaxe que axunte o mundo da tradición oral e o da literatura escrita, o da memoria individual e o da posibilidade do relato colectivo. A identidade txarnega, queer en si mesma e reapropiada, é o prisma desde o que se estrutura a análise que acaba por crear un espazo de enunciación propio. Así constrúe un artefacto literario que nomea o que foi sepultado para confrontar as narrativas hexemónicas sobre o progreso.
Brigitte Vasallo impugna neste libro dous silencios: o da historia familiar, imposto pola violencia de xénero, e o da historia política, imposto pola ditadura e a Transición. Unha memoria sen monumento que arrinca no lugar de orixe da súa familia, a serra de Chandrexa de Queixa, e expándese cara ás marxes da historia oficial. O seu eixo é o desmantelamento do campo precapitalista no sur de Europa coa chegada dos chamados milagres económicos dos anos cincuenta, e a identidade das mutantes descendentes daquela diáspora, orfas de sentido. A autora busca unha linguaxe que axunte dous mundos: o da tradición oral e o da literatura escrita, o da memoria individual e o da posibilidade do relato colectivo. A identidade txarnega, queer en si mesma e reapropiada, é o prisma desde o que se estrutura a análise que acaba por crear un espazo de enunciación propio. Desde esta posición de subalternidad, Vasallo constrúe un artefacto literario que non só recupera unha historia silenciada, senón que nomea o que foi sepultado para confrontar as narrativas hexemónicas sobre o progreso, o xénero e a historia.
