Encontro Teatro Comunitario
-
Jueves, 02 Julio, 16:30Salón de Plenos Concello de Cangas
-
Compañía
MITCFC -
Procedencia
Galiza -
Público
Público Adulto -
Duración
160'
O Teatro debe asumir un compromiso coa sociedade e coa comunidade na que está inserido para reflexionar con ela e para ela. Así, o Teatro Comunitario, unha forma teatral realizada por e para a comunidade, estimula a participación activa de quen a integra, fortalecendo vínculos, promovendo a reflexión social, o enriquecemento do sector e a creación de novos públicos. O obxetivo deste Encontro é analizar as diversas maneiras de Teatro Comunitario que se están a facer en Galicia.
Modera Rosa E. Gantes, escritora, actriz, directora e dramaturga. Dirixe o grupo amador, afincado en Cangas, Teatro das Aras.
A COMUNIDADE PERMANENTE, Alberte Alonso, director e dramaturgo. Mestrado en Artes Escénicas. Doutorado en Estudos Literarios. Cofunda Teatro Permanente coa vontade de constituir unha comunidade interesada nas artes vivas para restaurar mecanismos comunitarios que aporten cohesión e noción de pertenza, de territorio.
O TEATRO COMUNITARIO SO PODE SER FEMINISTA, Irene Moreira, directora, docente e investigadora. Cofundadora da Sala Ingrávida. Dirixe a compañía, ‘Xerpo’. Doutorouse coa tese ‘O proceso teatral no teatro comunitario’, área que investiga. É parte do colectivo galego-andaluz, A Volátil.
TEATRO COMUNITARIO, UNHA PRÁCTICA DE FUTURO, Xesús Ron, actor, dramaturgo, director e activista cultural. Intégrase no grupo Chévere en 1988, participando en todos os seus proxectos coa creación de textos, interpretación, dirección e produción artística e escénica.
A MEMORIA EN ESCENA. RECUPERAR O TEATRO PARA CONTAR O PASADO E O PRESENTE DUNHA COMUNIDADE, Paula Carballeira, dramaturga, actriz, narradora oral e directora. Publicou máis de corenta obras de narrativa, teatro, poesía e ensaio. Forma parte da compañía Berrobambán. Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
MARÍA SOLIÑA, ENTRE A HISTORIA E A LENDA, Casilda Alfaro, actriz e produtora. Confunda Teatro de Ningures en 1986 participando en todas as producións. Tamén traballou en Contraproducións, CDG, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego, no cine e en series de televisión.
TEATRO COMUNIARIO PARA MOVER OS MARCOS, Cris Iglesias, actriz e artista multidisciplinar recoñecida en teatro, cinema televisión. Directora do proxecto de teatro comunitario con perspectiva de xénero ‘Os marcos movémolos nós’ para mulleres do rural.