'Constantes Vitais', o mellor humor da 'factoría Cangas'
Casilda Alfaro é a directora da obra 'Constantes vitais', que se interpretou a noite do luns 4 de xullo no Auditorio de Cangas. Trátase dun espectáculo cómico creado a partir dos textos de María Armesto, Paula Carballeira, Santiago Cortegoso e Xosé Prieto. Os actores desta fermosa obra son integrantes da Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas. Enriba do escenario puidemos ver a Anabel Budiño, Rosa E: Gantes, María Ferro, Iago Costas, Mar Taboada, Iria de Pazos Bugarín, Ángeles Menduiña, Bárbara Barcia, Dai Peña, Sócrates Perez, Dani Comesaña e Sonia Couto.
A continuación vos deixamos unha reportaxe fotográfica que recompila os mellores momentos deste espectáculo. Agardamos vos guste:
REPORTAXE FOTOGRÁFICA: Noparan.com