• Inicio
  • A Mostra
  • Actualidad
  • LAS PRINCESAS DEL PACÍFICO: "É moi difícil vivir dignamente do teatro"

LAS PRINCESAS DEL PACÍFICO: "É moi difícil vivir dignamente do teatro"

José Troncoso dirixe a obra ‘Las princesas del Pacífico’, a historia dunha tía e unha sobriña que levan tanto tempo xuntas que acabaron por converterse nun mostro de dúas cabezas. Alicia Rodríguez e Belén Ponce de León interpretan a dúas mulleres feas, grotescas, diferentes… Dúas persoas afastadas da sociedade que viven pechadas nun búnker de crochet para protexerse das nosas olladas. Pero elas tamén, desde alí, ollan para nós e rin das nosas desgrazas para sentirse acompañadas.

 

A compañía La Estampida é o resultado de unificar as enerxías e traxectorias dun conxunto de creadores cunha linguaxe e ideas comúns. Baixo a esencia do Laboratorio de creación, os seus integrantes poñen ao servizo de cada un dos seus espectáculos as súas inquietudes e traxectorias, unificándose baixo unha linguaxe común: A técnica do ‘Xogo’ do mestre Philippe Gaulier, do que foron alumnos o propio José Troncoso e Alicia Rodríguez.

 

Poucas horas antes da súa actuación na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, pudemos falar coas dúas actrices, quenes nos explicaron que a obra comezou a escenificarse en maio de 2015, aínda que o domingo foi a primeira vez que se representaba en Galicia. As claves do éxito desta obra son moi sinxelas. Unha dirección impecable e unha complicidade brutal entre as dúas actrices. 

Belén e Alicia son dúas mulleres optimistas e apaixoadas amantes do sua traballo. Pensan que estes son tempos magníficos para o teatro, “para a creatividade e a ilusión”, a pesar, recalcan, das trabas existentes como o 21% do IVE cultural. Ambas as dúas actrices recoñecen con certa tristura que hoxendía é moi difícil vivir “dignamente” do teatro.

‘Las princesas del Pacífico’ é unha obra de humor con gran trasfondo social. Alicia e Belén téñeno claro: “O humor ten unha función social moi importante” e cren que é máis sinxelo enviar unha mensaxe de denuncia e crítica se o fas conseguindo que a xente sorría. Alicia Rodríguez e Belén Ponce de León reivindican o teatro non só como un entretemento, senón como compromiso.

A compañía xa está preparando a próxima obra, ‘Lo nunca visto’. que con toda probabilidade será estreada antes de 2017. Nesta ocasión, Belén e Alicia terán unha compañeira de reparto galega, Ana Turpin.  

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.