'Máis alto aínda', as mellores acrobacias na rúa
As rúas de Cangas foron onte o escenario dun marabilloso espectáculo de gran altura. Unha muller forte, intelixente, atractiva e divertida topa cun home... Estúpido. El ha facer o que sexa para estar con ela, e ela fará todo o posible por escapar. Ela é dona de si mesma, el é infantil. Veremos como a súa loita frenética vaise intensificando a medida que atopan un trapecio de balanceo, cordas aéreas e un hula-hoop de lume.
Raquel Veganzones e Girisho Gordon son os protagonistas dun espectáculo que combina técnicas aéreas, trapecio e aro de lume. Ambos os dous formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e chámanse Desastronauts desde o 2011 e a creación de “Losing Grip”. Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres. Hai uns anos que se trasladaron a España onde debutaron co espectáculo de rúa “Calleret” en Santiago de Compostela. A partir de aquí crean "Un día de Praia".