'Las Cervantas', historia, crítica social y humor
O Auditorio de Cangas vivíu o venres a pre estrea mundial da obra de teatro 'Las Cervantas'. Un público entregado e enganchado cunha historia baseada en feitos reais, con grandes doses de crítica social e humor. As irmás Gracia Olayo e Sole Olayo subiron ao escenario interpretando ás irmás do autor de El Quijote, Andrea e Magdalena de Cervantes, respectivamente. A actriz Clara Berzosa, no papel de Isabel de Saavedra (filla bastarda de Miguel); Irene Ruíz, interpretando a Constanza de Ovando (filla de Andrea); e Yaël Belicha, no papel de Catalina Salazar, esposa de Miguel de Cervantes).
A historia comeza na noite do 27 de xuño de 1605, en Valladolid, onde vive Cervantes con cinco mulleres cuxo alcume é Las Cervantas (a súa muller, dúas das súas irmás, a súa sobriña e a súa filla), un cabaleiro é ferido de morte e pide auxilio a berros. O ferido morre en casa dunha veciña. Mentres as Cervantas esperan ser interrogadas, preparan as súas declaracións e as posibles contradiccións nas que podan incurrir. Coñeceremos así ás mulleres que viviron con Cervantes e influiron na súa literatura, nunha sociedade na que unha muller libre, que sabía ler, resultaba sospeitosa.