'Don Gelati': Xeados de humor para unha tarde de sol
A tarde do venres foi ideal para tomar un bo refrixerio. A temperatura era moi alta e, afortunadamente, ata os xardíns dos Sinais de Cangas achegouse onte un vendedor de xeados co seu carriño e con moitas ganas de sacar un sorriso. Ou centos deles. Durante varios minutos, Don Gelati sufriu todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carriño, que tivo que arranxar con enxeño e algo de maxia antes de que os seus xeados se derreteran. Don Gelati é unha comedia máxica onde a expresión corporal substitúe as palabras e a comunicación co público.
A compañía de Dani García nace no ano 2004. Na súa breve historia crea distintos pero variados espectáculos de pequeno formato como Maxiaterapia e Acción e outros de grande formato como Da’Kara ou Symbiosis. Dani García fórmase nas mais variadas ramas da interpretación e da escena para conseguir que as súas producións sexan obras de teatro máxicas, onde todo ten un porqué e unha lóxica que fai da do ilusionismo algo cotián.
REPORTAXE FOTOGRÁFICA: Noparan.com