Skip to main content

Ópera Pánica

Estreno absoluto
  • Lunes, 29 Junio, 22:00
    Auditorio Municipal
  • Compañía

    ETC. Escola de Teatro de Cangas
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Público Adulto
  • Presentación

    2026
  • Duración

    60'

A ETC é un espazo de referencia teatral e cultural da comarca que ofrece á veciñanza unha opción formativa para achegarse ao teatro e enriquecerse como persoas, tanto individual como socialmente. Unha oferta pedagóxica de proximidade, moi difícil de atopar nunha vila ou comarca, capaz de xerar afección e novos públicos para esta arte.


A Ópera Pánica descende directamente dos diálogos de pallasos que Jodorowsky tivo a oportunidade de ver nos circos pobres no seu país natal, Chile, creando absurdas e longas intervencións que ían desde inocentes adiviñas con xogos de palabras –pasando por situacións absurdas– ata alcanzar un alto nivel poético e filosófico.

Os personaxes da Ópera Pánica, como humildes pallasos e grotescos bufóns, desdeñan a viscosidade psicolóxica, e entran en colisión os uns cos outros, impenitentes autistas, sen cambiar de conduta nin un chisco. É posible que as nosas sociedades de consumo estean a producir masas de tales criaturas…

  • Elenco: Luz Álvarez González, Manuel Boubeta, Pawli Castro, Paula Costa González, Belén Nogueira Bernárdez, Natalia Piñeiro Piñeiro, Fernando Portela Dovalo, Silvia Portela Soage, Mª Carmen Suárez Sobrado, Carlos Zunzunegui
  • Espazo escénico, vestiario, atrezzo, iluminación: ETC
  • Máscaras: IES Johan Carballeira 
  • Tratamento máscaras: Álex García Domínguez 
  • Selección espazo sonoro: Fran Paredes (a partir de extractos de óperas clásicas)
  • Imaxe e fotografía: Diego Seixo

FaLang translation system by Faboba