Skip to main content

Entradas

VENDA DE LOCALIDADES

www.mostrateatrocangas.gal (Sen gastos de xestión para o público).
Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos nin comisións), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio.

VENDA DE ABONOS

Mercar abono

Do 9 ao 31 de maio.
PREZO DO ABONO: 80€.

Están incluidos no abono os seguintes espectáculos:

  • 24 de xuño. EL PEOR ESPECTÁCULO DEL MUNDO de ZANGUANGO (País Vasco). ESTREA EN GALICIA.
  • 25 de xuño. ENSAIO TÉCNICO de COLECTIVO84 (Portugal). ESTREA ABSOLUTA.
  • 26 de xuño. LA LOCA HISTORIA DEL SIGLO DE ORO de LA ESCALERA de TIJERA & Z TEATRO (Extremadura). ESTREA EN GALICIA.
  • 27 de xuño. CAPERUCITA EN MANHATTAN de TEATRO DE LA ABADÍA (Madrid). ESTREA EN GALICIA.
  • 28 de xuño. CARIÑO MALO de EL MINISTERIO DE LA BELLEZA (Perú). ESTREA EN ESPAÑA.
    02 de xullo. UBASUTE de BERROBAMBÁM (Galicia).
  • 03 de xullo. THE ONE & THE ONE de COLETTE GOMETTE & ANNA DE LIRIUM (Francia/Suiza). ESTREA GALICIA.
  • 04 de xullo. HOY TENGO ALGO QUE HACER de TEATRO DEL BARRIO (Madrid).
    05 de xullo. VIVA! UNE HISTOIRE ESPAGNOLE de Cie LA LOQUACE (Francia). ESTREA EN GALICIA.

A adquisición do abono conta coas seguintes vantaxes:

  • Entradas para 9 espectáculos programados na Sala – Teatro do Auditorio.
  • Desconto de 10€ sobre o importe da suma das 10 entradas.
  • A adquisición do abono garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os
  • espectáculos incluídos no abono.
  • Permite elixir as butacas mellor situadas. A persoa beneficiaria do abono disporá da mesma butaca durante toda a MITCFC.

*Non están incluídos no abono os demais espectáculos programados.

VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS

Mercar entradas

Do 3 de xuño ata  o inicio do espectáculo (Sen gastos de xestión para o público).

VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO AUDITORIO

2 horas antes do comezo da función.
Aviso: Póñense á venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.

PREZOS DAS ENTRADAS

Prezo dos espectáculos programados na SALA – TEATRO DO AUDITORIO: 10€.

Agás os espectáculos:

  • 24 de xullo. VIII TORNEO GALEGO DE DRAMATURXIA.(5€).
  • 29 de xuño. ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS .(5€).

Prezo dos espectáculos programados na SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO: 5€.

  • 25 de xuño ESTO QUE NO SALGA DE AQUÍ de PABLO FIDALGO LAREO (Asturias). ESTREA EN GALICIA.
  • 02 de xullo. RONSEL 25 de TEATRO EN PUNTO (Galicia). COPRODUCIÓN e ESTREA ABSOLUTA.
  • 03 de xullo. O ARCÓN DE LOLA de AMARELO (Galicia).
  • 04 de xullo. QUEIXA de BRIGITTE VASALLO (Cataluña / Galicia).

Prezo dos espectáculos programados na CAPELA DO HOSPITAL: 5€

  • 26 de xuño. NELA ESTABA A FORZA DO MAR" de ANA ABAD LARRIVA (Galicia). COPRODUCIÓN e ESTREA ABSOLUTA.

TABERNA CULTURAL “O ADRO”: 5€.

  • 27 de xuño. METODOLOXÍA CARROÑERA de VACABURRA (Galicia).
  • 30 de xuño. X TORNEO DE DRAMATURXIA.
  • 04 de xullo. CABARÉ de IRIA PIÑEIRO (Galicia). ESTREA ABSOLUTA

Prezo dos espectáculos programados na rúa e outros espazos alternativos: 1€.

As entradas se porán a venda no propio espazo no momento previo ao comezo de cada espectáculo.

Espazo adherido ao Carné Xove (30% de desconto, agás a venda de abonos).

A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS SEGUINTES CONDICIÓNS:
  • A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto das persoas que presenten unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
  • Non se admiten cambios ou devolucións.
  • Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
  • Resérvase o dereito de admisión.
  • Quedan reservados os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo as persoas do público introducir cámaras fotográficas, vídeo ou gravadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización da organización.
  • Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.
  • O público da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOS de xestión pola compra anticipada de localidades.

Colabore coa MITCFC mercando a súa entrada anticipadamente.

COMPRA EN LIÑA

FaLang translation system by Faboba