• Inicio
  • Premios
  • Premio Mulleres en acción

Premio Mulleres en Acción

Premio Mulleres en Acción
O PREMIO MULLERES EN ACCIÓN nace no ano 2012 co obxectivo de recoñecer o labor, traxectoria ou acción social, cultural, artística ou profesional que realizasen mulleres, colectivos ou entidades, e que supoñan unha contribución relevante para a implantación da igualdade de xénero na nosa sociedade. 

PREMIADAS

2023. AMELIA TIGANUS. Escritora e activista feminista.

Polo seu valor, compromiso e determinación para combater a trata e a explotación sexual de mulleres e nenas.

2022. SABELA MANEIRO, AIDA e OLAIA MANEIRO, TANXUGUEIRAS. Cantareiras, músicas e pandeireiteiras.

Polo impacto social da súa música e o seu discurso, abertamente feminista, que pon en valor o extraordinario legado das cantareiras e pandeireteiras galegas e polo seu compromiso cunha linguaxe inclusiva, a sororidade e a reinterpretación das coplas con perspectiva de xénero.

2021. MARGARITA LEDO ANDIÓN. Catedrática, cineasta, escritora e académica.

En recoñecemento á súa traxectoria profesional, sempre vinculada á perspectiva de xénero no ámbito da educación en Comunicación e na Creación Audiovisual onde, como directora, sitúa o ollo da cámara ao servizo do corpo e a realidade das mulleres

2020. MERCEDES OLIVEIRA MALVAR. Catedrática de filosofía, investigadora e experta en educación afectivo-sexual.

En recoñecemento ao seu exhaustivo e pioneiro labor de investigación e pedagóxico, con perspectiva de xénero, e que desenvolveu, sistemáticamente, durante máis de 30 anos, entre o seu alumnado adolescente.

2019. MARÍA XOSÉ SILVAR, SÉS. Cantora e compositora.

En recoñecemento ao seu espléndido labor artístico, compromiso e discurso a prol da igualdade e o empoderamento das mulleres no mundo da música. 

2018. ASUNCIÓN BERNÁRDEZ RODAL. Doutora en Xornalismo, Catedrática e directora do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense.

En recoñecemento ao seu excepcional labor académico e de investigación vinculado á cultura, sempre con perspectiva de xénero.

2017. ANTÍA CAL. Pedagoga e escritora.

En recoñecemento ao seu labor pioneiro pedagóxico e cultural a favor dunha sociedade máis libre, culta e igualitaria e pola súa determinación e valentía para fundar a Escola Rosalía de Castro, un centro de referencia pedagóxica e de igualdade.

2016. MABEL LOZANO. Cineasta e documentalista. 

Polo seu exhaustivo e comprometido labor documental e artístico ao servizo da denuncia da lacra da trata de mulleres vítimas da explotación sexual.

2015. AURORA MARCO. Catedrática, escritora e ensaísta. 

Polo seu extenso e profundo labor documental e como investigadora para a recuperación da memoria histórica das mulleres galegas.

2014. (EX-AEQUO) TERTULIA FEMINISTA LES COMADRES; MUJERES DE BARREDOS POR LA IGUALDAD e CIMA, Asociación de Mujeres Cineastas y del Audiovisual. 

Por idear e organizar EL TREN DE LA LIBERTAD, acción e movilización espectacular e multitudinaria, que impediu a reaccionaria reforma da lei do aborto do ministro de Xustiza, Ruíz-Gallardón. Mulleres cineastas, coordinadas por CIMA, rodaron as manifestacións que deron pé ao documental, Yo Decido. El Tren de la Libertad.

2013. OBSERVATORIO DA MARIÑA POLA IGUALDADE. Asociación Feminista da Mariña lucense.

Por idear e crear o primeiro TRIVIAL FEMINISTA, un excepcional xogo coeducativo que visibiliza e pon en valor o labor de centos de mulleres da nosa Historia, que foi realizado en colaboración co profesorado e alumnado de institutos de secundaria da mariña lucense.

2012. MARÍA XOSÉ QUEIZÁN. Catedrática, escritora e ensaísta. 

Polo seu extraordinario labor como escritora, pensadora e activista. Pioneira na defensa dos dereitos das mulleres. Un referente galego e estatal no activismo e pensamento feminista.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.