Espazos e localizacións

Auditorio Municipal

Este espazo cultural inaugurouse o 18 de outubro de 2001, converténdose desde entón no escenario e elemento dinamizador por excelencia da actividade cultural do municipio, exercendo unha grande repercusión sobre os concellos limítrofes, Moaña e Bueu, o que supón, unha área de influencia de máis de 60.000 persoas, incluíndo os 25.000 habitantes do Concello de Cangas.

O edificio, deseñado polo arquitecto Alfredo Freixedo, é unha construción moderna coas capacidades e características técnicas que o sitúan entre os auditorios máis emblemáticos de Galiza.

Sala - teatro

Gran sala de representación con cabida para 690 espectadores. 

Conta con 402 butacas en platea distribuídas en 13 filas de 32 butacas cada unha, o que se traduce na proximidade idónea entre público e escena. 

O anfiteatro e os palcos contan cun total de 288 butacas. 

O escenario ten 17 x 17 metros de embocadura, 19 metros de fondo e 16 metros de altura. Conta coa correspondente tremoia consistente nunha cámara negra formada por patas a ambos laterais, bambolinas e foro.

Plano de distribución de Butacas: Plano (96 KB)

A capacidade da sala xunto ás dimensións do escenario e á súa excelente acústica, fan do conxunto un lugar privilexiado para gozar do teatro, a música e a danza.

Equipamento Técnico

Plano do auditorio (130 KB)

Dotación escénica do auditorio municipal de Cangas:

  • Cámara negra. 
  • Telón negro de fondo de 7 x 14 metros con abertura en medio 
  • 5 Pares de patas laterais de 7 X 2,5 metros cada unha 
  • 4 Bambolinas de 3 X 10 metros 
  • Telón de boca

Estrutura:

Estrutura escénica soportada por 4 motores de 500 Kg cada un (marca Hitachi) formada por un rectángulo trust cuadrangular Prolyte x30v de 6 X 10 metros con duas varas mobiles de trust triangular Prolyte x30d de 10 metros cada unha. Asi mesmo dispon dunha vara colocada nunha troneira sobre o patio de butacas para a luz frontal.

Equipo de iluminacion:

  • 20 Proxectores PC ldr-aria 1000 w., con palas. 
  • 6 Proxectores PC Aria 2000w., con palas. 
  • 5 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 14-35. 
  • 4 Recortes Selecom Pacific 1000 w. 25-50. 2 Recortes ETC 750w. 25-50.
  • 12 Proxectores tipo par-64. Lente nº5.
  • 12 Proxectores asimetricos 1000w.
  • 48 Canais de Dimmer. Strong. 3000 w por canal con splitter.
  • Mesa de control de iluminacion LT HYDRA Scan Standard, con 250 canles. 
  • 12 Mangueiras multiconectoras movibles repartidas pola estrutura, de 7 canles cada unha cun total de 84 circuitos dispoñibles.

Equipo de son:

  • Mesa de son: SOUNDTRACS TOPAZ 14-4, con 10 canles mono e 2 canles estereo.
  • 2 Caixas de son ESCENIC de 350w (RMS). 
  • 2 Monitores de son ESCENIC de 100w (RMS). 
  • 3 Microfonos con soporte. 
  • 1 Reprodutor de CD.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.
We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.