Entradas
VENDA DE LOCALIDADES
www.mostrateatrocangas.gal (Sen gastos de xestión para o público).
Recoméndase e prégase a compra online de localidades (sen gastos nin comisións), por comodidade para o público e para axilizar a entrada ao Auditorio.
VENDA DE ABONOS
Mercar abono
Do 9 ao 31 de maio.
PREZO DO ABONO: 80€.
Están incluidos no abono os seguintes espectáculos:
- 24 de xuño. EL PEOR ESPECTÁCULO DEL MUNDO de ZANGUANGO (País Vasco). ESTREA EN GALICIA.
- 25 de xuño. ENSAIO TÉCNICO de COLECTIVO84 (Portugal). ESTREA ABSOLUTA.
- 26 de xuño. LA LOCA HISTORIA DEL SIGLO DE ORO de LA ESCALERA de TIJERA & Z TEATRO (Extremadura). ESTREA EN GALICIA.
- 27 de xuño. CAPERUCITA EN MANHATTAN de TEATRO DE LA ABADÍA (Madrid). ESTREA EN GALICIA.
- 28 de xuño. CARIÑO MALO de EL MINISTERIO DE LA BELLEZA (Perú). ESTREA EN ESPAÑA.
02 de xullo. UBASUTE de BERROBAMBÁM (Galicia). - 03 de xullo. THE ONE & THE ONE de COLETTE GOMETTE & ANNA DE LIRIUM (Francia/Suiza). ESTREA GALICIA.
- 04 de xullo. HOY TENGO ALGO QUE HACER de TEATRO DEL BARRIO (Madrid).
05 de xullo. VIVA! UNE HISTOIRE ESPAGNOLE de Cie LA LOQUACE (Francia). ESTREA EN GALICIA.
A adquisición do abono conta coas seguintes vantaxes:
- Entradas para 9 espectáculos programados na Sala – Teatro do Auditorio.
- Desconto de 10€ sobre o importe da suma das 10 entradas.
- A adquisición do abono garante a entrada sen colas no despacho de billetes para os
- espectáculos incluídos no abono.
- Permite elixir as butacas mellor situadas. A persoa beneficiaria do abono disporá da mesma butaca durante toda a MITCFC.
*Non están incluídos no abono os demais espectáculos programados.
VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS
Do 3 de xuño ata o inicio do espectáculo (Sen gastos de xestión para o público).
VENDA NO DESPACHO DE BILLETES DO AUDITORIO
2 horas antes do comezo da función.
Aviso: Póñense á venda as entradas sobrantes, se as houbera, da venda anticipada.
PREZOS DAS ENTRADAS
Prezo dos espectáculos programados na SALA – TEATRO DO AUDITORIO: 10€.
Agás os espectáculos:
- 24 de xullo. VIII TORNEO GALEGO DE DRAMATURXIA.(5€).
- 29 de xuño. ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS .(5€).
Prezo dos espectáculos programados na SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO: 5€.
- 25 de xuño ESTO QUE NO SALGA DE AQUÍ de PABLO FIDALGO LAREO (Asturias). ESTREA EN GALICIA.
- 02 de xullo. RONSEL 25 de TEATRO EN PUNTO (Galicia). COPRODUCIÓN e ESTREA ABSOLUTA.
- 03 de xullo. O ARCÓN DE LOLA de AMARELO (Galicia).
- 04 de xullo. QUEIXA de BRIGITTE VASALLO (Cataluña / Galicia).
Prezo dos espectáculos programados na CAPELA DO HOSPITAL: 5€
- 26 de xuño. NELA ESTABA A FORZA DO MAR" de ANA ABAD LARRIVA (Galicia). COPRODUCIÓN e ESTREA ABSOLUTA.
TABERNA CULTURAL “O ADRO”: 5€.
- 27 de xuño. METODOLOXÍA CARROÑERA de VACABURRA (Galicia).
- 30 de xuño. X TORNEO DE DRAMATURXIA.
- 04 de xullo. CABARÉ de IRIA PIÑEIRO (Galicia). ESTREA ABSOLUTA
Prezo dos espectáculos programados na rúa e outros espazos alternativos: 1€.
As entradas se porán a venda no propio espazo no momento previo ao comezo de cada espectáculo.
Espazo adherido ao Carné Xove (30% de desconto, agás a venda de abonos).
A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS SIGNIFICA A ACEPTACIÓN DAS SEGUINTES CONDICIÓNS:
- A organización non garante a autenticidade das entradas non adquiridas nos puntos de venda oficiais polo que, neste caso, declínase toda a responsabilidade e non se permite o acceso ao recinto das persoas que presenten unha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
- Non se admiten cambios ou devolucións.
- Prégase máxima puntualidade. É potestade da organización permitir ou non a entrada ao recinto unha vez comezado o espectáculo.
- Resérvase o dereito de admisión.
- Quedan reservados os dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo, non podendo as persoas do público introducir cámaras fotográficas, vídeo ou gravadoras, nin filmar ou gravar o espectáculo sen autorización da organización.
- Prégase desconectar calquera tipo de aparello electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles.
- O público da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo, SEN GASTOS de xestión pola compra anticipada de localidades.