Agradecemento polo Premio da Crítica das Artes Escénicas 2018
Grazas. Moitísimas grazas en nome das entidades organizadoras desta Mostra: Concello de Cangas, Teatro de Ningures e A.C. Xiria e do equipo organizador, Che Mariño, Lao Graña, Xoán Carlos Riobó, Juan José Pérez, Paula Tenorio e Salvador del Río, o noso coordinador.
Grazas ao xurado que decidiu votar o proxecto da MITCFC. Competiamos con grandes da escena galega, Manuel Lourenzo, un referente indiscutible da nosa dramaturxia, e o mítico Festival de Títeres de Redondela, un irmán.
Gratitude eterna a Maruxa Barrio, Henrique Harguindei, Xosé Manuel Pazos e Silda Alfaro que, entre outras, foron as persoas que, hai 36 anos, fundaron esta Mostra.
Grazas aos nosos equipo creativo, comercial, técnico e de prensa, redes sociais e comunicación.
Grazas a Dramaturga con quen creamos o I Torneo de Dramaturxia de Galicia.
Á pequena e a gran empresa do Morrazo.
Á Erregueté, que propiciou os primeiros coloquios entre compañías e público.
A toda a escena galega que participa ano tras ano nas xornadas de teatro e debates para mellorar o sector.
Ás entidades e centos de Mulleres en Acción que fan e fixeron da nosa unha Mostra autenticamente paritaria.
E ao público fiel da Mostra, que segue a ser o noso principal soporte.
Recibir o Premio da Crítica de Galicia e pasar a formar parte da familia de persoas premiadas nestes corenta e un anos de Historia non é só unha honra, é un recoñecemento que nos prestixia e nos prestixia e nos obriga a mellorar o noso labor na defensa do Humor, ferramenta imprescindible para analizar a realidade e que hoxe está tristemente perseguido e xudicializado.
A todas e todos MOITAS GRAZAS.