'Ameaça de Bombo' nas rúas de Cangas
'Ameaça de Bombo' nace no ano 2000 como umha iniciativa para percorrer as rúas do lugar de Vilariño, en Cangas, a xeito de “Alvorada” o dia da “Festa Folc”. Co tempo a iniciativa foi medrando até formalizarse como grupo estábel.
Cun repertorio baseado nas “Treboadas” e nos “Folións”, o pasado domingo 25 de xuño percorreron as rúas de Cangas até chegar ao Auditorio. No percorrido, foron facendo festa cos seus bombos de grandes dimensións.
Estas son algunhas imaxes do súa actuación: