XXIV Xornadas Mulleres en Acción: Inscríbete
Do 25 ao 29 de xuño concéntrase as actividades da XXIV Mulleres en Acción, un foro xurdido no seo da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas que xa é unha referencia no debate feminista, un punto de encontro de pensadoras e activistas que fornece de ideas e proxectos o pensamento das mulleres e para as mulleres. E, sen dúbida, a figura protagonista desta edición é María Ruído, artista visual, realizadora, investigadora e docente que este ano recibirá o premio Mulleres en Acción.
O mércores 26 de xuño será o día no que se concentren varias das actividades programadas de Mulleres en Acción. En primeiro lugar, inagurarase a exposición de María Ruído '4 performances', unha mostra en formato vídeo de catro dos seus traballos. Será ás 19 horas na Capela de Hospital. Posteriormente, as actividades trasladaranse ao Auditorio de Cangas. Alí lle será entregado o premio Mulleres e Acción. Despois, proxectarase a súa película 'Las reglas del juego', unha conversación-performance en plano secuencia entre a escritora e activista, Brigitte Vasallo, e a artista sobre desclasamento, violencia institucional e performatividade de clase. Tras a proxección, Ruído terá un encontro co público asistente.
Debido ao aforo limitado do Auditorio, a organización creou un formulario de inscrición onde se terán que anotar as persoas interesadas en asistir á entrega do premio, á proxección do filme e ao encontro co público. Nesta ligazón atoparedes o formulario para inscribirse: https://tinyurl.com/2bko9day