![](/index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL3N0b3JpZXNcL211bGxlcmVzLWVuLWFjY2lvbi5qcGciLFtbImRvUmVzaXplIixbNzY4LDc2OCw3NjgsNzY4XV0sWyJkb0Nyb3AiLFs3NjgsNDMyLDAsMTY4XV1dXQ%3D%3D&hash=575c2532f6c946b3e2f0fba6a03a5365 768w, /templates/yootheme/cache/mulleres-en-accion-403e03a9.jpeg 1024w, /index.php/component/ajax/?p=image&src=WyJpbWFnZXNcL3N0b3JpZXNcL211bGxlcmVzLWVuLWFjY2lvbi5qcGciLFtbImRvUmVzaXplIixbMTI4MCwxMjgwLDEyODAsMTI4MF1dLFsiZG9Dcm9wIixbMTI4MCw3MjAsMCwyODBdXV1d&hash=88f6ebab9da56d3ef9375e8ff7916bc7 1280w)
30 BUTACAS SOLIDARIAS: Colaboración entre ADICAM e Mulleres en Acción
Durante a XXXII MITCFC, co patrocinio de Frigoríficos del Morrazo, as socias de ADICAM disporán de 30 butacas gratuitas para cada un dos espectáculos do Programa do Auditorio Municipal (excepto o programado para o día 8) ademais da matrícula gratuita no obradoiro UN DÍA NO CIRCO.
Tamén gozarán dun evento en exclusiva para o 10 de Xullo ás 17:00h.: DALLE VOLTA Á TORTILLA, un obradoiro de recursos plásticos e metafóricos para traballar as competencias persoais que impartirá Mónica Couso Fuentes, psicóloga xeral sanitaria e Directora de Proxectos de Proceso Psicoloxía.