Gala Rojo Telón 10º Aniversario [GALERÍA]

A compañía Rojo Telón quere celebrar o seu 10°aniversario cunha gala, recompilando números e imaxes dos seus mellores momentos na escena. Unha divertida proposta, coproducida pola Mostra, conducida por "Maritxu", unha presentadora non tan presentadora, que enche de humor a pista e a todo o público asistente. Un show con moito carácter, xenio e sorprendentes números circenses de aéreos e de chan.
- Elenco: Ana Cuervas, María Salmerón, Bego Peñaranda, Anduriña Zurutuza
- Dirección: Aritza Rodríguez
- Música: Xandra Arostegui
- Vestiario: Yoli Urkiza