"Peis d'hos", cantareiras e pandeireteiras [GALERÍA]

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.
A finais do ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, Lina e Lola, O Viveiro, o grupo de cantos de taberna e os distintos grupos infantís e adultos da Escola Peis d’hos.
Dirixe a sección de baile tradicional, Miguel Sotelo e a de pandeireta e canto tradicional, Nébeda Piñeiro.