A Mostra solidarízase coa actriz Iria Pinheiro
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) quere solidarizarse coa actriz galega Dª Iria Pinheiro e respaldala na súa decisión de denunciar o acoso e trato vexatorio sufrido por parte do director do programa Con amor e compañía de Ficción Producciones e emitido pola TVG, D. José Luís Villas Orta.
A MITCFC rexeita enerxicamente calquera tipo de comentario sexista, tratamento discriminatorio ou comportamento agresivo que puidese ter invadido o espazo íntimo da actriz e fose realizado polo director do programa.
Actitudes coma estas, ademais de ser profundamente machistas, casposas e deplorables, están totalmente afastadas da ética e da boa práctica profesional e laboral, cuestións imprescindibles para o correcto desenvolvemento profesional de calquera produción audiovisual galega, sexa pública ou privada.