Listaxe provisional de admitidos no Obradoiro de Creación Escénica
A listaxe provisional de persoas admitidas para participar no Obradoiro de Creación Escénica, que impartirá Ibuprofeno Teatro, compañía formada por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, xa está pechada.
O obradoiro, de 20 horas lectivas, levarase a cabo nas Naves de Ojea de Cangas entre o 2 e o 6 de xullo, ámbolos dous días incluidos, en horario de 10 a 14 horas. O taller tentará mostrar e reproducir a pequena escala o método de creación que Ibuprofeno Teatro foi desenvolvendo para investigar e descubrir as posibilidades expresivas dos actores e das actrices cando non parten de textos previos.
Santiago Cortegoso e Marián Bañobre farano no contexto físico dunha nave abandonada, en ruína, para desenvolver a relación do ser humano cos espazos e cos obxectos. Trátase dun obradoiro multidisciplinar, no que poden participar persoas procedentes das diferentes disciplinas: danza, interpretación, dramaturxia, escenografía, iluminación, etc.
A reserva da praza formalizarase mediante o ingreso do importe do taller entre o luns 25 de xuño e o xoves 28 de xuño, ambos incluídos, sendo imprescindible enviar copia do pago da matrícula ao correo electrónico da MITCFC : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. En caso de anulación da reserva por parte dalgunha das persoas matriculadas, a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non chegase a cubrirse.
O pago realizarase por medio de transferencia bancaria á ASOCIACIÓN CULTURAL XIRIA, ao número de conta que se lle notificará ás persoas seleccionadas, indicando no concepto o nome da persoa admitida e a referencia OBRADOIROS MITCFC, sendo imprescindible enviar unha copia do ingreso da matrícula a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
LISTAXE ADMITIDOS
- IRIA ACEVEDO PEREZ
- BETTY RODRIGUEZ LOPEZ
- JOSE RAMON RODRIGUEZ MEJUTO
- MARIA ACUÑA CARBALLO
- CARME SUAREZ CARBALLO
- RAQUEL GONZALEZ FERRAZ
- XULIO MERINO
- CARLOS TOMICO PEREZ
- ANTÍA COSTAS CABEIRO
- MABEL RIVERA TORRES
- MARIA XOSE LAGOA CORDEIRO
- ISABEL GARCÍA COLDEIRA
- ERO VÁZQUEZ CABRERA
- CELIA GONZALEZ PICO
- JUAN LUÍS PÉREZ MARTÍNEZ
SUPLENTE - MARTA LADO INSUA